CIG-Saúde informa sobre a Mesa Sectorial de Sanidade

Resolución do Concurso específico e de OPE de especialistas en enfermaría pediátrica

  • Mesa Sectorial
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O SERGAS retira a proposta de resolución do concurso específico e de OPE presentada na comisión de especialidades de enfermaría.

Infórmasenos de que o Plan de Saúde de Atención Primaria comprometía que as 18 prazas de especialistas en enfermaría pediátrica se cubrirían a través da OPE polo que os destinos que se van a ofertar para a toma de posesión de OPE son TODOS en Atención primaria.

Coa finalidade de que non queden prazas sen cubrir de OPE nin do concurso específico, este vai ser o procedemento a seguir:

PRIMEIRO (Concurso específico)

Farase visible, a efectos informativos, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e taboleiros de anuncios dos respectivos centros, a relación de seleccionados/as no concurso específico co destino a adxudicar, con carácter previo á resolución de nomeamento.

SEGUNDO (2ª QUINCENA DE MAIO) – Convocatoria acto de elección OPE

Publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de dos/as 18 aspirantes definitivamente seleccionados/as na OPE para o acceso á especialidade de enfermería pediátrica e convocatoria para o acto de elección de destinos, que terá carácter PRESENCIAL, e que se celebrará no Salón de Actos da Consellería de Sanidade en Santiago.

Aquí podedes descargar os destinos que se van ofertar á OPE.

TERCEIRO – OPCIÓNS no acto de elección

No acto presencial de elección de destino, aquelas persoas aspirantes (son 7 persoas), que reúnen as condicións para resultar adxudicatarias de praza tanto no concurso específico coma na ope, terán que optar por escrito por unha destas opcións:

➢ OPCIÓN A:

Optar por un dos destinos que se ofertan en OPE.

Consecuencia: A  persoa aspirante decaerá no concurso específico da especialidade e resultará adxudicataria do destino seleccionado en OPE.

➢ OPCIÓN B:

Renunciar á participación na elección de destinos de OPE.

Consecuencia: A persoa aspirante decaerá no proceso de OPE e resultará adxudicataria do destino obtido no concurso específico.

CUARTO

1)- Se resultasen prazas sen adxudicar en OPE, as prazas ofertadas en OPE e non elixidas ofertaránselles aos seguintes aspirantes aprobados/as neste proceso pola orde de prelación que resulte da lista definitiva de puntuacións.

A convocatoria ao novo acto de elección efectuarase a través da páxina web do SERGAS, onde se informará dos destinos pendentes de adxudicación, relación de persoas convocadas, e día e hora para a celebración do segundo acto de elección de destino.

2)- Se resultasen prazas sen adxudicar no concurso específico, as prazas ofertadas no concurso específico, non cubertas, ofertaránselles aos seguintes aspirantes pola orde de prelación que resulte deste proceso.

QUINTO (MES DE XUÑO)

Publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento definitivo dos/das profesionais seleccionados/as en ambos procesos (Concurso específico e OPE), que se realizará coa mesma data.

Volver