CIG-Saúde informa sobre a Mesa Sectorial de Sanidade

Carreira profesional

  • Carreira profesional
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Resolucións estimatorias:

A partir de mañá, van estar visibles as notificacións das estimacións no FIDES. Enviarán SMS e correo electrónico avisando de que esas persoas teñen unha notificación electrónica en www.notifica.xunta.gal

Neste enlace pódese acceder a un titorial sobre como acceder a notifica.xunta.gal

Estará dispoñible a resolución estimatoria tamén no FIDES, e poderase descargar dende aí.

Está previsto que o abono do complemento de carreira do novo grao recoñecido, sexa na nómina de maio xunto cos atrasos correspondentes dende o 01/01/2021.

Resolucións desestimatorias:

As persoas que recibiron notificación de que tiñan unha resolución desestimatoria, déuselles un prazo de 10 días para que presentasen as alegacións correspondentes.

Unha vez se resolvan definitivamente as posibles reclamacións, emitiranse as resolucións definitivas.

No caso de ser estimatorias, terán efectos do 01/01/2021 e previsiblemente o seu abono se fará efectivo na nómina do mes de xuño xunto dos atrasos correspondentes.

Ratificáronse na Mesa Sectorial os criterios interpretativos acordados na comisión de seguimento do acordo de carreira profesional do SERGAS do pasado 30 de abril.

1. As solicitudes de carreira que se atopan en “borrador” ou “pendente de rexistro” serán admitidas con efectos de 01/01/2021.

  • Nesta situación hai 52 solicitudes.
  • Abrirán un prazo de 10 días para que estas persoas subsanen e rexistren electronicamente as solicitudes.

2. Persoal fixo en promoción interna temporal.

Con carácter excepcional, acórdase valorar os cursos dirixidos á categoría na que está promocionada temporalmente para o acceso ao grao de carreira na categoría base.

3. Cursos fóra de prazo.

Só se aceptarán os cursos rexistrados no FIDES pero que non se presentaran documentalmente. No prazo de alegacións deberán presentar a documentación do curso para que sexa estimado.

Non se aceptan os cursos realizados en prazo que non se rexistraran no FIDES dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Volver