CIG SAÚDE informa sobre a OPE de FEAs

  • AgMédica
  • Oposicións
  • Sanidade Pública

No ano 2019, publicáronse no DOG as convocatorias de OPE das diversas categorías de FEAS.

A previsión dos exames destas categoría é do 2º semestre do 2021. Ver aquí o cadro coa previsión.

No ano 2020, aprobouse na Mesa Sectorial a oferta de emprego 2020, que incrementa as prazas destas convocatorias do 2019, e abrirase un novo prazo de inscrición para novos/as aspirantes.

Excepto en 3 categorías:

  • FEA de xeriatría
  • FEA de Medicina do Traballo
  • FEA en Medicina Preventiva e Saúde Pública

Nestas categorías, NON se abre unha nova inscrición, pero continúan igualmente no proceso de OPE que teñen en curso.

Ademais, no decreto de oferta de emprego de 2020 inclúense prazas de FEAs de 5 categorías que NON tiñan prazas convocadas.

  • FEA en Cirurxía oral e maxilofacial
  • FEA en Cirurxía pediátrica
  • FEA en Cirurxía plástica, estética e reparadora
  • FEA en Inmunoloxía
  • FEA en Oncoloxía radioterápica

Estas categorías terán a súa convocatoria de OPE no momento en que se negocie no SERGAS.

IMPORTANTE: NON SE ANULOU NINGUNHA CATEGORÍA DA OPE

CIG SAÚDE vai solicitar que no primeiro trimestre do 2021 se publiquen esas convocatorias e que os exames se fagan conxuntamente co resto de FEAS.

Para máis información diríxete as/os delegadas/as de CIG SAÚDE do teu hospital

Volver