CIG-Saúde informa: visita Inspección de traballo ao Hospital Clínico
- Santiago
A raíz das denuncias presentadas polo sindicato CIG-SAÚDE, o xoves, 27 de Maio, a inspectora de traballo visitou o hospital Clínico, para comprobar o estado das instalacións, circuitos de traballo,...Pois ben, achegásmoche un breve resumo.
CIG-SAÚDE leva denunciando, dende antes e durante a pandemia da COVID-19, a obsolescencia, a falta de planificación, de previsión e realización de cousas básicas e elementais para unha seguridade dos profesionais nos postos de traballo. Denuncias feitas nas xuntanzas coa Xerencia, no Sergas, en Inspección de traballo, publicamente, etc.
Con todo, convén reflexionar cal é a función da unidade de protección de riscos laborais, xa que, ou hai defensa da seguridade e saúde dos/as traballadores/as ou hai delegacións de funcións (servilismo).
Na visita da Inspectora, tomou nota:
-
Dos vestiarios das plantas -5, -4 e -1, do estado no que se atopaban: Roupa amoreada e colgada fóra dos armarios por non dispoñer os profesionais de vestiario propio.
-
Do problema da auga quente e da dificultade que implica ducharse coa temperatura adecuada.
-
Da masificación de armarios dentro dos vestiarios, amoreados nos lugares de paso como de aseo e vestiarios improvisados en calqueira lugar .
-
-
Tamén comprobou no servizo de lencería, en que consiste a recollida de uniformidade dos profesionais, asi como o circuíto de dispensación da mesma, tanto para persoal eventual como fixo. E fíxose eco das múltiples queixas ao respecto por parte dos profesionais das distintos servizos, da falta de planificación e organización por parte da Dirección do hospital.
-
Por outra banda, percorreu os servizos de Urxencias de Pediatría e Urxencias de Adultos, para observar si cumprían coa normativa os circuítos de seguridade, incluída a nova sala de urxencias de adultos onde comprobou "in sitúo" as súas deficiencias.
-
Para continuar o percorrido polo Servizo de UCI-Adultos, comprobando ela mesmo, a situación da unidade de coidados intensivos denunciadas polos seus profesionais que acabou nunha folga como ben sabedes.
-
Para rematar no laboratorio de Anatomía Patolóxica, onde obsevou detidamente a sala de tallado e de rutina ( obxecto da denuncia xunto coa área de autopsias) asi como do estado das instalacións.
En definitiva, agora agardemos polo requirimento que lle efectúe Inspección de Traballo á Xerencia, co fin de corrixir as deficiencias que levamos denunciando e asi os profesionais poidan traballar en condición seguras o que proporcionara mellor calidade nos cuidados que se prestan.
Así pois, fica claro que as nosas denuncias eran e continúan a ser correctas. Froito de todo o esforzo e do traballo coherente realizado para así garantir a seguranza e saúde dos e das profesionais.