CIG-Saúde leva á Mesa Sectorial as demandas do colectivo médico de urxencias hospitalarias

Información da Mesa Sectorial do 6 de marzo

  • Sanidade Pública

O colectivo médico de urxencias hospitalarias leva anos sufrindo sobrecarga, falta de recoñecemento e incumprimentos de acordos. Desde CIG-Saúde trasladamos na Mesa Sectorial de hoxe as principais demandas do colectivo para mellorar as condicións laborais e garantir unha atención sanitaria digna.

Reivindicacións do colectivo solicitadas pola CIG-Saúde:

  • Exención de quendas de noite para maiores de 55 anos.
  • Solución ao problema dos cómputos de xornada.
  • Manter a dispoñibilidade para cubrir ausencias durante todo o ano, e non só no chamado “programa de inverno”.
  • Incremento real do valor da xornada complementaria.
  • Revisión dos plans funcionais para analizar as necesidades reais de cada centro.
  • Cómputo da actividade non asistencial, xa recollida no acordo de urxencias e na acta de 2024.
  • Actualización dos complementos de turnicidade e atención urxente segundo os incrementos salariais do acordo do 20 de abril de 2023.

O que propón o SERGAS

  • Suba da xornada complementaria de 2 € desde o 1 de abril de 2026 e 3 € máis a partir do 1 de xaneiro de 2027. Desde CIG-Saúde denunciamos que segue por debaixo do que xa se paga nalgúns servizos de urxencias.
  • Dispoñibilidade (gardas localizadas): O SERGAS insiste en manter esta modalidade só para picos de actividade, negándose a estendelo durante todo o ano.
    Desde CIG-Saúde defendemos que, visto o seu bo funcionamento e a boa acollida entre o persoal, debe manterse e aplicarse con carácter anual.
  • O SERGAS asegura ter dado orde ás xerencias para computar 10 horas mensuais de actividade non asistencial, e revisará os centros onde non se está aplicando.
  • Os criterios de cómputo de xornada adaptaranse aos que se acorden para os PAC.
  • Compromiso de facer un estudio de necesidades no último trimestre do 2026 e revisar os plans funcionais en Mesa Sectorial.
  • A exención de noites para maiores de 55 anos queda pendente de valoración, sen compromiso.

Próximos pasos

O luns día 9 o SERGAS enviará un documento coas propostas para este colectivo, abrindo un prazo de alegacións antes do debate definitivo.

A posición de CIG-Saúde

Desde CIG-Saúde esiximos que se cumpran canto antes os compromisos xa acordados na acta de 2024 e que se adopten medidas reais para mellorar as condicións do persoal médico de urxencias hospitalarias.

Volver