CIG-Saúde Lugo denuncia a denegación de días de libre disposición

  • Lugo

Ante a denegación de permisos de libre disposición ao persoal de enfermería, CIG-Saúde Lugo, vén de solicitar á presidencia da xunta de persoal de Lugo que a dirección nos remita a relación de permisos de libre disposición denegados e as motivacións para facelo, xa que é a súa obriga dalos a coñecer á xunta de persoal.

A finalidade é ter os datos reais, e así, poder facer as denuncias que sexan necesarias para acabar cunha práctica desta dirección recorrente, tendo as traballadoras sempre na incertidumbre de se van poder desfrutar ou non os permisos que lle corresponden por lei.

A situación dende fai tempo é insostible. Se nos meses de febreiro e marzo temos este problema, que vai pasar cando chegue o verán? Ou cando chegue a semana santa e demáis festas de gardar?

O que fai esta dirección é mirar para outro lado, este problema hai que atallalo e non deixar que as cousas se arranxen soas ou esperar unha milagre; porque a maioría xa non cremos nas milagres.

Se hai un problema de substitucións, teñen a obriga de solucionalos e non deixar engordar a situación ata que rebente.

Volver