CIG-SAÚDE manifesta a súa desconformidade coa aplicación que o SERGAS está a facer dos acordos recollidos na ACTA DE FIN DE FOLGA DOS PACs, de data 17/07/2019

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

Entendemos que a Administración, coas prazas que vai dotar no orzamento do ano 2020, non está a cumprir o recollido nos puntos 4 e 5 da ACTA do devandito acordo.

ACTA DE ACORDOS:

Punto 4.- Dotación de Persoal
A administración, previa revisión dos plan funcionais, atendendo a diferentes parámetros crearaá as prazas necesarias para poder realizar unha adecuada asistencia de calidade nos PACs.

Punto 5.- Equipos Completos
Estudo no ano en curso para solventar o déficit de persoal de enfermaría, priorizando inicialmente aqueles PACs onde exista un único efectivo de enfermeira.

Este é o incremento de persoal que vai facer o SERGAS en aplicación dos dous puntos anteriores. Que nalgunha área sanitaria non cubre as necesidades de persoal recoñecidas polas propias xerencias.
Estas prazas están incluídas nos orzamentos 2020, polo que a autorización de cobertura producirase a partires do 1 de xaneiro de 2020.

Creación de novas prazas nos PACs:   7 médicos/as, 16 enfermeiros/as

Xerencia

Médicos/as

Enfermeiros/as

Coruña

2

2

Santiago

1

1

Lugo

1

2

Ourense

1

3

Vigo

1

2

Pontevedra

1

3

Ferrol

 

3

Indemnización por manutención.

Desde CIG-SAÚDE tamén esiximos o cumprimento deste punto, na acta de acordos recóllese abonar dúas dietas de manutención na contía do acordo 2008/12. Acordo incumprido polo SERGAS, nomeadamente na xerencia de Ourense. O SERGAS quedou en volver pensalo e darnos unha resposta.

Uniformidade.

O SERGAS vai facer entrega no mes de xaneiro de dous equipos de protección individual a cada traballador/a de PACs, cunha ficha técnica que recolle as características do equipo.

Unha vez clarificado no debate a diferencia entre un uniforme e un equipo de protección individual, e tendo manifestado o persoal de PACs que o uniforme non se adapta ás condicións da prestación de traballo que realizan, desde CIG-SAÚDE solicitamos que desde a dirección xeral de asistencia sanitaria se faga un estudo para a correcta dotación dos uniformes nos PACs.

CIG-SAÚDE demanda que as acordos son para cumprilos co compromiso co que foron acadados, e non para facer interpretacións restritivas na súa aplicación.

Volver