CIG-Saúde Monforte demanda o incremento da plantilla de Admisión central do Hospital de Monforte

  • Monforte

A Central Sindical CIG-SAÚDE no Hospital público de Monforte, demandamos o incremento da plantilla do Servizo de Admisión Central do Hospital Público de Monforte en dúas persoas.

O traballo neste servizo víuse incrementado cando se lle traspasaron funcións que se estaban a facer en Inspección de traballo, e mesmo no xulgado. A maiores temos que sumar toda a reprogramación das citas por mor da COVID-19, por estes motivos ao persoal cústalle cada vez mais desenvolver as súas tarefas.

Paso a enumerar o incremento nas cargas de traballo que agora mesmo ten este servizo:

Traballo que antes se facía en Inspección
- Diálisis: Tramitar o papeleo e conseguir o transporte sanitario.
- Osíxeno: hai que entrar nun programa específico, entrevistar ao paciente e hai que facelo xa, por esto non se pode esperar, co cal tés que interrrumpir o que estás facendo para atender esto.
- Ambulancias: Controlar si hai ambulancias pendentes de algún trámite,si non non van buscar ao paciente.
- Logopedia: Localizar á xente e conseguir a cita.
- Cordales: Moas do xuizo que hai que enviar a Polusa e facer todos os trámites.
- Ondas de choque: Consiste en tramitarlle aos pacientes a posiblidade de ir a Lugo a facer este tratamento que non hai aquí.

Traballo engadido a maiores
- Importación exportación de probas de imaxe(Bydicom). Consiste en descargar imaxes dun cd doutro centro e pasalas ao ianus.
- Creación da Historia Clínica na área sanitaria de Vigo dos residentes e do persoal das residencias de maiores da área de Monforte para pedir probas do COVID 19.
- IVE: Entrevista ás pacientes que teñen necesidade de interrumpir o embarazo e buscar o hospital onde poden acudir.
- Sacar listado de todas as consultas e engadir as pegatinas correspondentes, esto facíase en arquivo, agora tamén llo cargaron a Admisión.
- Programa contacnova: xente que pide o cambio on line de cita e que tés que atender.
- Rexistro de recén nados, antes facíase no xulgado.

Traballo que se viña facendo en Admisión habitualmente
- Tramitación de probas a outros centros e comunicación da cita cando chega.
- Creación/ mantemento da axendas, horarios, bloqueos, reprogramacións (aumentou moitísimo por mor do COVID).
- Citas, buzóns (ollos, xinecoloxía,cardioloxía- consultas e probas, dixestivo-consultas e probas, unidade de dor, preanestesia, etc.). A esto engádese a dificultade de ter que citar moitas veces dun día para outro.
- Quirófano de dermatoloxía: Listas de espera e mecanizar no ordenador…
- Creación de Historias Clínicas cando o paciente non a ten, e sacar as correspondentes pegatinas de toda a actividade que se fai a maiores.
- Traslados: Chamar a outros centros para saber si aceptan o traslado e falar con facultativos aquí para saber si aceptan os pacientes que nos mandan doutros centros.
- SIFCO: Probas que se fan fóra da comunidade.
- Atención telefónica: Principalmente para dar citas, pero tamén para atender centros de saúde e calqueira outro tipo de chamada.
- Programa QUERES: Atender as reclamacións que se fan no Hospital.
- Outra das novidades é que agora para que non fagan cola os pacientes( están mal vistas), pasanlle un sobre da petición de probas, a Admisión para que pidan todas as citas e que se se distribúan.

Como os traballadores se ven impotentes para facer todo o traballo, tamén a xefa do servizo está botando unha man para sacar o traballo adiante, tendo asi que desatender algunha das súas funcións como xefa, que paso a relatar:

- Control de persoal ( 25 persoas ao seu cargo).
- Substitución de persoal.
- Carteleiras.
- Petición de suministros.
- Bloque de vacacións.
- I.T.

Queremos salientar que o de pedir citar a pacientes de hoxe para mañá é unha práctica recurrente neste servizo o cal redunda nunha mala organización do servizo. Pero o que ainda é peor son as contestacións que os traballadores reciben por parte da dirección deste centro cando lles van a expoñer algunha queixa.

Compre recordar tamén que neste servizo hai uns anos se amortizou unha praza de auxiliar administrativo, co cal xa arrastra un déficit de persoal como xa denunciamos no seu momento.

Por todo elo reiteramos a petición de aumento de persoal en dúas persoas polo menos para o servizo de Admisión Central de Monforte.

Despois do COVID-19 quedou demostrado que nos hospitáis hai un déficit de persoal enorme, este é un bo momento para empezar a mellorar as plantillas.


Vicente Vázquez Vázquez, delegado sindical de CIG-SAÚDE no H. Público de Monforte.
Monforte a 27 de maio de 2020

Volver