CIG-Saúde Monforte denuncia a manipulación da información vertida polo Conselleiro de Sanidade

Dende CIG-Saúde consideramos un engano á poboación de Monforte as declaracións feitas polo Conselleiro de Sanidade en sede parlamentaria, o outro día.

É mentira de que vaian vir 21 novos/as médicos/as a Monforte, desas 21 prazas que anuncia o Conselleiro, 16 xa estaban traballando en Monforte. O único que sucede é que pasan de interinos/as a ter unha praza en propiedade. Cousa que nos parece moi ben, porque é o que levamos pedindo dende CIG-Saúde dende anos atrás.

Os/as que xa están traballando aquí serían, 5 internistas, 3 ciruxáns, 2 xinecólogas, 2 traumatólogos,1 otorrino e 2 anestesistas.

Hai que lembrar tamén que esta OPE, é adiantarse un pouco a OPE de estabilización convocada polo Goberno Estatal, obrigados pola Unión Europea.

Agora imos cos que deberían vir:

- 1 dixestivo

- 1 dermatólogo

- 1 pediatra

- 1 rehabilitador

 

Ben, aquí xa podemos ver claramente as súas intencións, que son amortizar unha praza de rehabilitador e outra de pediatría, xa que nin sequera as convocan e faltan 2 profesionais de cada especialidade.

A maiores disto vemos que na Atención Primaria tamén amortizan a praza de Pantón.

Todo isto, no que se refire ás prazas de especialistas en medicina, no resto de traballadores/as, tamén temos moitísimas carencias, e agora van cesar a 2 técnicos/s de laboratorio, un/ha este mes e outro/a para o que vén. Técnicos/as que son totalmente necesarios/as debido ao que aumentaron as cargas de traballo.

Tamén estaremos moi pendentes de 2 TCAEs e 3 celadores/as do servizo de urxencias que nos chegan rumores de que tamén os queren cesar.

Dende CIG-saúde seguimos pedindo aumento do persoal de enfermería, sobre todo en quenda de noite, seguimos a ser o único hospital de Galiza que ten unha soa enfermeira para atender 28 camas.

Volver