CIG-Saúde Monforte denuncia a non cobertura das ausencias no servizo de Microbioloxía

  • Monforte

A central sindical de CIG-Saúde, no Hospital público de Monforte, quere denunciar a non cobertura do microbiólogo nos seus días libres e o que eso supón.

Todas as probas de microbioloxía durante os próximos 15 días vanse mandar a Lugo en taxo.

As probas que se recollan o venres quedarán na neveira ata o luns, co cal, moitas delas estropearanse, como é o caso dos ouriños.

Outra cousa que vai pasar é que por exemplo cando se pida algo urxente, como os hemocultivos, non se vai saber o resultado ata o día seguinte.

Aquí vólvense a demostrar as mentiras do SERGAS cando nos quitaron a área sanitaria. Decían que era porque ían vir médicos de Lugo, aínda os estamos esperando.

Por outra banda tamén queremos denunciar que en Monforte temos un aparato perfectamente preparado para facer as PCR (probas do coronavirus) desde o día 1 de abril, e as probas non se fan aquí, mándanse tamén a Lugo en taxi dúas veces ao día, co gasto que iso supón.

Ademais non entendemos como a dirección fai eso, porque de facerse aquí as probas, tardarían aproximadamente 50 minutos. Ao mandalas a Lugo tardan 3 días!!!

Xa se ten dado o caso de mandar a traballadores 3 días para casa aillados, por estar pendentes do resultado e despois ser negativo. Lembramos que aquí se sabería o resultado en 50 minutos.

Sr. Director deixe de enviar probas a Lugo e pida que se fagan no noso hospital, faga o seu traballo e pida un microbiólogo para cubrir as libranzas.

 

Vicente Vázquez Vázquez, delegado de CIG-Saúde, no H.P. de Monforte

Volver