CIG-Saúde Monforte denuncia a mala xestión que se está a facer cos Contratos de Acúmulos de Tarefas e os Contratos COVID no Hospital Público de Monforte
- Monforte
Dende CIG-Saúde Monforte quere denunciar a mala xestión que se está a facer cos Contratos de Acúmulos de Tarefas e os Contratos COVID no Hospital Público de Monforte.
A Subdirección de Enfermeria non fai as carteleiras dxs Enfermeirxs con antelación suficiente e isto fai que os traballadores que están nestas modalidades contractuais saiban a quenda que lles toca dun día para outro. Incluso se deu o caso de traballadorxs que foron chamados á mañán para traballar de tarde.
Tanto os Contratos de Acúmulos de tarefas como os Contratos COVID teñen que ter a súa carteleira propia e non funcionar coma un pool. O Pacto de Contratacións do 2016 deixa ben claro que son nomeamentos de curta duración (pool): son para dar a cobertura das necesitades do persoal estatutario producidas como consecuencia de ausencias urxentes e non programadas.
Os Contratos COVID foron creados para traballar nas Unidades de Urxencias e Medicina Interna e non para cubrir de necesidades estruturais, ausencias do persoal por permisos, vacacións, baixas médicas….
En vista do anteriormente exposto SOLICITAMOS:
- Carteleira correspondente durante todo o contrato en Acúmulos de Tarefas e en Contratos COVID.
- Comunicación de cambios na súa carteleira cunha antelación mínima de 48 horas. (queremos recordar que foi o que nos comunicou a Subdirectora de Enfermería do Hospital Público de Monforte no seu día tras unha conversa mantida)
- As ausencias imprevistas con motivo urxente e non programado teñen que ser cubertas polas listas pool.
Atentamente.
Asdo.: Vicente Vázquez Vázquez