CIG-Saúde non asina o preacordo do convenio da sanidade privada da provincia de Pontevedra
- Convenios
- Sanidade Privada
Tras anos de reunións, mobilizacións e no seno dunha mediación a patronal trasladou a última proposta.
- Complemento de equidade: 180 euros no 2025 “dende a sinatura”, 20 euros mensuais no 2026, 25 euros mensuais no 2027. Para traballadoras que con estas táboas vexan conxelados nas súas nóminas por non chegar ao SMI.
- Domingos e festivos: 2025: 5 € domingos, 15€ festivos. 2026: Domingos 7€, festivos 17€. 2027: domingos 9€, festivos 20€.
- Sumar un permiso retributivo por acudir a consultas de especialistas do sistema público de saúde polo tempo indispensable.
- Táboas salariais: 2024 3%, 2025 2,4%, 2026 2,8%, 2027 2,8%. Garantía anual de actualización segundo o IPC ata un tope do 3,5 %.
A CIG-Saúde puxo 4 condicións para aceptar esta proposta.
- Que o plus de toxicidade inclúa de xeito explícito aos centros sanitarios como clínicas dentais ou estéticas que teñan unidades descritas no actual artigo.
- Cobro dos domingos cun prezo mínimo que parta dos 10 euros.
- Táboas salariais cun incremento do 12% en 4 anos (3% anual)
- Modificación do artigo 4 do convenio de absorción e compensación, polo cal a xente que viña cobrando algún complemento polo que chegaba ao salario mínimo ou polo que tiña un salario acorde, poida cobrar atrasos, non como pasou co anterior acordo asinado por outras organizacións sindicais.
A patronal mellorou a súa proposta cunha subida salarial do 11% en 4 anos (3% no 2024, 2,4% no 2025, 2,8% no 2026 e 2,8% no 2027) de domingos e festivos (7, 9 e 10 euros para o 2025, 2026 e 2027), e deixaron aberta a posibilidade de propor unha redacción semellante á nosa para o plus de toxicidade para nos é insuficiente dado que as traballadoras este sector ten tido unha merma histórica na capacidade adquisitiva e nas condicións de traballo que non compensa a proposta final.
Aínda que algunha Organización Sindical xa valoraba como aceptable a oferta, desde CIG-Saúde mantivemos unha actitude negociadora e de presión ata o último intre e grazas a iso abriuse a posibilidade de mellorar a oferta final.
O que tería pasado de manter todas as organizacións a mesma posición na negociación é unha incógnita, xa que a patronal aproveitou o visto bo da organización sindical maioritaria para asinar un acordo á baixa.
Novas Relacionadas
Últimas novas