CIG-Saúde NON ASINOU o novo ESTATUTO MARCO

  • Sanidade Pública

O Ministerio de Sanidade asinou, en xaneiro de 2026, con CCOO, UGT, CSIF e SATSE, un novo Estatuto Marco que non garante melloras reais en aspectos importantes, non resolve os problemas do persoal da sanidade pública e apraza cuestións chave a futuras negociacións, sen prazos nin compromisos.

CLASIFICACIÓN PROFESIONAL SEN ACTUALIZACIÓN SALARIAL

O Estatuto Marco consolida a reclasificación sen actualización salarial.

  • Só prometen negociar no futuro: sen datas, sen contías, sen garantías.

Pretenden que confiemos nese futuro acordo cando:

  • O EBEP (vixente desde 2007) nunca se aplicou na sanidade.
  • Acordos asinados con outros sindicatos quedaron sen cumprir.
  • O persoal que traballa na sanidade leva anos mal clasificado pola falta de aplicación real do EBEP ao persoal estatutario, xerando unha débeda histórica coas categorías profesionais.
  • Se non cumpriron o pactado durante anos, por que imos crer agora neste novo compromiso?

XUBILACIÓN ANTICIPADA E PARCIAL: SÓ NO PAPEL

O novo Estatuto Marco menciona a xubilación parcial e anticipada, pero non recoñece o dereito efectivo a acollerse a elas desde a entrada en vigor do novo estatuto.

O seu desenvolvemento queda adiado a futuras negociacións e a outras normas que dependen doutros ministerios.

Sen prazos, sen garantías e sen saber cando nin como se aplicarán.

XORNADA SEN GARANTÍAS

  • Non garanten a xornada real de 35 horas semanais.
  • As gardas localizadas non computan como xornada efectiva.
  • Non teñen impacto real nos descansos.
  • Posibilidade de estar localizado todos os días do ano.

O persoal da sanidade merece dereitos reais, non promesas de futuro!

Volver