-1c363c50-s780.jpg)
CIG-SAÚDE non avalará coa súa presenza, na entrega das Medallas de Galiza, a política de recortes e precarización da Xunta
Non podemos participar nun acto dun goberno que só practica políticas de xestos.
- Coronavirus
- Sanidade Pública
CIG-SAÚDE non avalará coa súa presenza, na entrega das Medallas de Galiza, a política de recortes e precarización da Xunta.
CIG-SAÚDE congratúlase con que o persoal da sanidade pública reciba a Medalla de Galiza, xa que estas representan o agradecemento público á prestación de servizo, non só, durante a pandemia de COVID, senón o resto dos 365 días de todos os anos.
O persoal da sanidade tamén quere agradecer o comportamento da sociedade galega, e lamenta non poder ofrecer unha asistencia mais en consonancia coas necesidades sanitarias da poboación.
Máis queremos que a sociedade saiba que xs profesionais poñen todo o seu esforzo e traballo para intentar minimizar os recortes que o goberno fai na sanidade pública.
Cando as políticas de persoal que exerce coas/os traballadoras/es da sanidade pública, tradúcense en:
- Percibir unhas retribucións inferiores ao resto de empregados públicos.
- Un cadro de persoal recortado que sobrecarga o traballo dxs profesionais.
- Unha denegación continua dos permisos de conciliación familiar.
- Contratacións en precario con alta taxa de eventualidade…
Sr Feijóo as Medallas de Galiza son o recoñecemento do pobo galego ao persoal da sanidade, non é o seu recoñecemento nin o do seu goberno. Cando van devolver os dereitos laborais e retributivos ao persoal da sanidade?
Agardamos que no acto da entrega de medallas faga un discurso institucional, sen utilizar ao persoal da sanidade no seu beneficio persoal.
Novas Relacionadas
Últimas novas