CIG-Saúde Pontevedra-O Salnés solicita ao SERGAS que tome medidas excepcionais para solventar a situacións dos PACs

A área de Pontevedra-O Salnés é a que peor trata aos profesionais

  • Pontevedra

CIG-Saúde celebrou unha rolda prensa no Hospital Provincial de Pontevedra para denunciar a situación que están a vivir os/as profesionais do conxunto da atención primaria de Pontevedra. A Administración ten que asumir a crise sanitaria, que non é responsabilidade dos/as traballadores de atención primaria, e que ten que tomar as medidas que permite o marco legal para situacións excepcionais.

Os/as profesionais son vítimas dunha situación que eles/as non provocaron e que ten unha clara afectación na calidade asistencial prestada ao conxunto da cidadanía.

Denunciaron que ou melloran as condicións de traballo, e non é só un tema retributivo, ou as prazas de formación que se incrementen seguirán a quedar desertas. Coas medidas que se están a aplicar penalízase máis a profesionais xa sobrecargados, que están soportando co seu esforzo o peso da nosa sanidade pública.

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés é a área que peor trata aos/as profesionais, o que provoca a fuxida de profesionais a outras áreas cunha mellor xestión do persoal.

Para CIG-Saúde o máis importante é que a Xerencia elabore un plan que sexa capaz de facer fronte aos problemas. Polo que a Xerencia da área debe asumir as súas responsabilidades.

Volver