CIG-Saúde presenta denuncias na Inspección de traballo por falta de roupa de traballo

Convocada unha concentración diante do SERGAS o xoves 16 de febreiro ás 12,00 horas

  • Sanidade Pública
  • Saúde laboral

• Uniformidade

◦ Non hai uniformidade completa (anorak,  pantalón e calzado) para a atención de urxencias fóra do centro de Atención Primaria, ou para a asistencia domiciliaria. Así podemos ver frecuentemente, como o persoal atende accidentes de tráfico ou saen a facer probas fóra do centro, en condicións climatolóxicas adversas, coa súa propia roupa de abrigo, tendo que permanecer, por exemplo, mollados/as o resto da xornada.

◦ Falta de reposición da uniformidade: Levamos máis de 2 anos sen repoñer uniformidade, e esta está obsoleta no seu deseño; a parte da infradotación que se fai ao persoal das listas de contratación. 1 uniforme ao ano ou cada 2 anos.

◦ Non se lava nin se repón a roupa en tempo e forma para os/as traballadores/as.

◦ Non hai roupa de protección para determinados servizos nas que as condicións de traballo son adversas: persoal de mantemento no exterior, persoal que traballa moito tempo nos frigoríficos...

 

• Adaptacións de posto de traballo inexistentes con múltiples incidencias comunicadas á autoridade laboral

◦ Non se fan en tempo e forma as adaptacións ao persoal unha vez feita a avaliación pola unidade de prevención de riscos laborais, sufrindo retrasos nas adaptacións e frecuentemente non son adaptables ás casuísticas do persoal. Hai persoal que leva máis dun ano agardando por unha adaptación de posto pola súa discapacidade, cando unha empresa pública debería ser exemplarizante neste aspecto e acadar unha integración dos/as traballadores/as con diversidade funcional.

 

• Falta de Prevención ante Agresións ou Violencias

◦ Non se pode ir en contra das Avaliacións de risco das Unidades de Prevención, nas que recomendan que non traballe persoal só nos centros de saúde, por exemplo.

◦ Falta un protocolo claro ante os accidentes ou agresións reiterativos cara os/as traballadores/as e sen que se tomen medidas organizativas. Está usándose ao persoal de “parachoques” ante a falta de xestión e medidas ou inoperancia das Xerencias, por exemplo ante as listas de agarda, ou o retraso nos ingresos dende Urxencias.

 

• Adecuación das infraestruturas: Obsolescencia

◦ Solicitamos un plan de choque contra as infraestruturas e o mobiliario que non reúnen as condicións de seguridade e que son potencialmente perigosas, con consecuencias moi dañinas para a saúde dos/as traballadores/as. Referímonos especialmente, a Laboratorios de Anatomía Patolóxica e o seu equipamento, Salas de Preparación de Citostáticos, Laboratorios de Microbioloxía, Bancos de Sangue, Quirófanos….

◦ Déficit de planificación e mantemento das novas estruturas, nas que por exemplo non se contempla climatización, e chegan a producirse desmaios de usuarios/as por temperaturas de 40ºC nas salas de agarda.

 

• Plans de Emerxencia dos Centros de Atención Primaria

◦ Carécese de medidas e Plans de Emerxencia nos centros de saúde, así como nalgúns centros hospitalarios de primer nivel, o que leva a que ante situacións de Emerxencia, como se teñen producido, o persoal ou usuarios/as  teñan dificultade de seguir os procedementos de evacuación.

Por todo isto e máis .... CIG-Saúde concentrarémonos o xoves 16 de febreiro ás 12 horas, diante do Edificio do SERGAS en Santiago de Compostela

Volver