CIG-Saúde reúnese co BNG para solicitar a recuperación dos acordos
- Sanidade Pública
No mes de maio, CIG-Saúde iniciamos unha campaña para que o SERGAS abra unha mesa de negociación para establecer un calendario de recuperación dos acordos suspendidos.
Solicitamos reunión con todos os grupos políticos do parlamento galego, mais somentes o BNG nos recibiu. O PSOE e o PP nin sequera contestaron.
Dita xuntanza co BNG tivo lugar o pasado día 8 de xullo, onde as deputadas Montse Prado e Iria Carreira escoitaron as nosas reivindicación e comprometéronse a defendelas no Parlamento de Galiza.