CIG-Saúde recorre ante o Ministerio de Sanidade a elección de prazas de formación sanitaria especializada
O pasado 19 de maio de 2021, o Ministerio de Sanidade publicou no BOE a “Resolución del Director General de Ordenación Profesional del Ministerio de Sanidad, por la que se convocan los actos de adjudicación de plaza correspondientes a las pruebas selectivas 2020 para el acceso en el año 2021, a plazas de formación sanitaria especializada para las titulaciones universitarias de grado/licenciatura/diplomatura de medicina, farmacia, enfermería y ámbito de la psicología, la química, la biología y la física”.
Esa Resolución determina que a adxudicación das plazas convocadas efectuarase, exclusivamente, por medios electrónicos, e durante os prazos de elección das prazas déronse contínuos fallos do sistema que provocaron unha total indefensión ás persoas participantes, ademáis da incertidume de non ser coñecedores/as en ningún momento das prazas que van quedando nin de cales xa están escollidas, algo que si se coñecía no procedemento presencial de anos anteriores.
Ante isto, CIG-Saúde presentou un recurso de alzada ante a Secretaría de Estado de Sanidade do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar social, impugnando esa Resolución.
Solicitamos:
a) Fixar un novo e completo prazo de presentación de solicitudes, a fin de que os interesados/as poidan volver a formulalas, sen obstáculos e por medio dun procedemento administrativo que garantice o seu dereito á igualdade no acceso á función pública e de comunicación coa AAPP.
b) Modificar, técnicamente, o aplicativo electrónico de solicitude de prazas, co obxecto de propiciar que os aspirantes poidan:
- Coñecer, no momento de presentar a súa solicitude, tal e como sucedía no sistema de solicitude presencial, que prazas quedan vacantes e cales se lles asignaron.
- Engadir á solicitude as especialidades que desexen, sen límite de prazas ou ámbito territorial.
c) Corrixir e aumentar a capacidade do sistema, para evitar o seu colapso durante o prazo de presentación de solicitudes.
d) Artellar, para o caso de que non poidan ser corrixidas as deficiencias expostas, un sistema alternativo de petición non electrónico.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas