CIG-SAÚDE REXEITA A CONXELACIÓN SALARIAL DO PERSOAL DO SERGAS

CIG-SAÚDE esixe a publicación inmediata no DOG da Resolución da carreira profesional, tal e como vén recollido nas bases da carreira profesional do SERGAS

  • Carreira profesional
  • Sanidade Pública

Neste momento debería estar xa publicada no DOG a Resolución da Carreira profesional, para que o persoal puidese solicitar o grao de carreira  que lle corresponda, e percibir dita retribución a data de 1 de xaneiro de 2021.

Mais neste momento, o goberno galego escusase en que non sabe se o goberno do estado decretará a conxelación salarial das/os empregadas/os públicos, e polo tanto deberán cumprir a norma e volver conxelar os lexítimos acordos da mesa sectorial.

É lamentable que o goberno galego non defenda as/os empregadas/os públicos. Dá a sensación que a conxelación salarial é o que desexan que faga o goberno de Madrid, para unha vez máis, recortar dereitos salariais, entre outros.

A escusa de que é Madrid quen recorta non vale. Quen nos recorta coa súa acción ou coa súa pasividade é quen goberna na Xunta de Galiza. Non teñen presentada ningunha iniciativa en contra da conxelación salarial.

Por que Feijóo non se manifesta publicamente en contra da conxelación salarial do persoal do SERGAS?

Porque o goberno do PP leva recortando os salarios do persoal desde o ano 2010, ano no que suspendeu o acordo retributivo asinado co goberno do bipartito, e que levan 10 anos negándose a restituír os nosos dereitos.

A CIG xa presentou un escrito perante a Mesa Xeral de Negociación do Estado, rexeitando a conxelación salarial e exixindo :

  • Unha suba salarial dun 5 % en cada unha das tres próximas anualidades, para recuperar o poder adquisitivo perdido.
  • Unha cláusula de garantía salarial por desviación do IPC para dito período 2021-2023.
  • Recuperación das retribucións básicas íntegras na contía das pagas extraordinarias de todos os grupos, que foron rebaixadas polo RDL 8/2010.

O persoal da sanidade é un dos colectivos mais importantes na loita contra o COVID.

O traballo desenvolvido polas/os traballadoras/es é o que permite dobregar a curva e que a poboación reciba a asistencia sanitaria de calidade que lle corresponde.

O pago que quere a Xunta de Galiza a esta prestación de servizo non pode ser sumar mais recortes nas retribucións do persoal da sanidade.

Volver