CIG-SAÚDE REXEITA A OFERTA DA MOBILIDADE DE TCAE

  • Ferrol

Reunida onte a Xunta de Persoal coa Dirección de Recursos Humanos e de Enfermaría, a CIG vese obrigada a votar en contra da proposta de prazas presentada pola Dirección, xa que coma sempre non ofertan o 100% das prazas.
Nesta ocasión gardaban prazas en Consultas Externas e en Quirófano, alegando que teñen que reservalas para xente nova que non ten antigüidade e que necesita adaptación de posto. Nós coma sempre lles recordamos que ao fin vai ter que ser unha desgracia ser maior e san, xa que así polos teus méritos nunca acadarás o acomodo que queres.
Tendo en conta que o resto de Organizacións Sindicais presentes votaron a favor da proposta de prazas recortadas esta sairá adiante co único voto en contra da CIG.

Volver