CIG-SAÚDE rexeita o cheque-bar do Sr. Feijóo

  • Coronavirus
  • Sanidade Pública

Sr. Feijóo o valor da Sanidade pública e dos e das profesionais non se compra cun cheque-bar.

Os traballadores e traballadoras da sanidade non queremos esmolas. Se quere axudar á hostelería non precisa utilizarnos a nós. Busque outras medidas.

Durante o traballo retírannos os sillóns porque "nos contaxiamos", e agora pretende que acudamos aos bares e restaurantes.

- Queremos máscaras, luvas, batas e gafas para protexernos.
- Queremos uns ratios de persoal que nos permitan traballar dignamente e en condicións de seguridade.
- Queremos uns salarios dignos os 365 días do ano.

Nos parece unha falta de respecto e un insulto que utilice os cartos que son de todos e todas para utilizar ao persoal do SERGAS para o seu propio beneficio.

Gaste ese diñeiro en EPIS e en persoal, e meta eses cheques-bar onde lle collan.

Os traballadores e traballadoras da sanidade pública non formamos parte da súa campaña política.

Volver