CIG-Saúde rexeita que se manteña a externalización do servizo de mantemento do Hospital Naval e Marcide
O PP aumenta nun millón de euros o desvío de cartos públicos
- Ferrol
Dende CIG-SAÚDE xa denunciamos hai uns meses que o SERGAS decidiu continuar coa perpetuación da privatización do Mantemento. O SERGAS publicou unha primeira oferta por 2,9 millóns de euros para contratar o servizo de mantemento íntegro do Hospital Naval e parte do Marcide, tal oferta logo a anulou e agora a volve a ofertar por case 4 millóns de euros, lle parecía pouco o agasallo!!
Se considerabamos que con 2,9 millóns de euros o contrato debera reverter a empresa pública, xa quedamos sen palabras ante o aumento da cifra.
O SERGAS está a duplicar servizos.
Hai anos a atención da Central Térmica do Marcide se levaba as 24 horas con persoal propio, pero agora contrata de novo que sexa unha empresa externa quen faga estes traballos.
Como xa recollía no punto 8 do prego de cláusulas:” deberán garantir a presenza física no CHUF dos técnicos que correspondan para dar cobertura ao obxecto do contrato 24 horas ao día, 365 días ao ano”.
Pero a realidade é outra, cobran por esta labor as 24 horas, e dan atención unicamente en quenda de mañá e se hai problemas a outras horas, acaban enviado aos nosos traballadores, eso si, sen penalizar economicamente á empresa nin esixíndolles que cumpran co contratado. Eles que sigan cobrando !!!!
Temos mais que demostrado que funciona moito mellor o mantemento público, con exemplos claros.
Coma que despois de ter contratado a unha empresa para o aforro enerxético, foran os nosos traballadores os que tiveron que facer o cambio de focos fluorescentes a led, e os poucos que cambiou a empresa contratada fíxoos mal, deixando as reactancias postas para acabar rápido, o que impide ter un aforro ao non diminuír o consumo como debera.
Pero na actualidade hai un cambio con respecto ao contrato de hai 12 anos. Antes a empresa era a que asumía o gasto enerxético, pero neste caso, ante as subas do custe da enerxía, a empresa non pagará as facturas, só será a encargada de buscar o aforro; e cobrará por buscalo sen necesidade de que teñamos tal aforro.
Un brindis ao sol!!! Cobra 4 millóns de euros, e se non das ou non fas, non pasa nada.
Contratamos a unha empresa para que propoña que tarefas realizar?
Entón para que temos a 4 enxeñeiras e enxeñeiros contratados?
Eles/as xa saben que melloras aplicar perfectamente.
Que pensamos que vai ofertar unha empresa externa?
A resposta a sabemos: traballos que cobran e que fan a medias como xa nos está pasando. Co mantemento publico isto non acontece, xa que para eles prima a calidade e o aforro a longo prazo, en vez de atender a un aforro para hoxe e fame para mañá.