CIG-SAÚDE REXEITAMOS O PLANO DE CONTINXENCIAS COVID

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Aprobouse na Mesa Sectorial de Sanidade do día 25 de novembro de 2020 o Plano de continxencias COVID-19 do SERGAS, co voto favorable de CCOO, CSIF e SATSE, e co voto en contra de CIG-SAÚDE e UGT.

Para CIG-Saúde o mais importante era a estabilidade na contratación do persoal durante todo o estado de alarma e que isto tivera continuidade no futuro.

O devandito Plan recolle a nosa proposta de contratos eventuais de 6 meses ofertados como longa duración... pero estes contratos non serán para todas as categorías.

Vanse ofertar 1150 contratos, dos que 740 son para enfermeiras/os e 410 para o resto de categorías. Para enfermeiras non son suficientes, pero, ademais, son manifestamente insuficientes no resto de categorías, sobre todo para TCAEs, PSX e enfermeiras/os especialistas.

7 esp. enfermaría familiar e comunitaria

3 esp. enfermaría pediátrica

5 técnicos/s de prevención

54 TEL

12 TER

153 TCAEs

85 celadores/as

58 aux. adminitrativos/as

33 PSXs

Neste plan inclúense diversos temas como:

  • Puntuación adicional para o persoal das listas de selección temporal por estar dispoñible durante a emerxencia sanitaria, a razón de 0,15 puntos/mes.
  • Contrato eventual de 6 meses prorrogable por emerxencia sanitaria, ofertado con criterio de 1º de lista.
  • Teletraballo e flexibilización horaria durante a emerxencia sanitaria.
  • Criterios de mobilidade de persoal.
  • Pausa adicional en unidades especiais.
  • Formación COVID, a razón de 3 horas de xornada efectiva.
  • Valoración dos servizos prestados no COVID no baremo de carreira profesional como compromiso coa organización.
  • Permiso excepcional para unidades COVID de ata 3 días durante o estado de alarma.

Para CIG-Saúde a puntuación adicional vai provocar máis desequilibrios nas listas de selección temporal e entendemos que non premia ao persoal que leva traballando en precario durante a pandemia, sen poder conciliar a súa vida familiar, sen permisos, en definitiva, sen dereitos.

Tamén nos anunciaron que na lei de medidas do 2021 se vai incluír unha puntuación adicional por prestación de servizos durante a COVID para os procesos de selección fixa (OPE), que se negociará no decreto de provisión. CIG-Saúde esiximos a eliminación desta puntuación adicional.

CIG-Saúde considera que o permiso excepcional recollido no plan é moi ambiguo e que vai a provocar diferenzas entre as distintas categorías, e incluso dentro da mesma categoría entre diferentes unidades.

Como o ámbito deste plan é para o persoal temporal, están excluíndo deste permiso ao persoal fixo?

O verdadeiro recoñecemento que esixe o persoal das listas de selección temporal é a estabilidade laboral tanto nas listas de contratacións coma na OPE, e que se lles recoñeza o dereito a vacacións, permisos e os dereitos de conciliación laboral e familiar.

E por todo isto, CIG-Saúde rexeitamos o Plano de continxencias COVID do SERGAS

Volver