CIG-Saúde solicita a instalación de puntos de recarga para coches eléctricos no CIAE

  • 061

O Real Decreto-Lei 29/2021, de 21 de decembro, polo que se aportan medidas urxentes no ámbito enerxético para o fomento da mobilidade eléctrica, o autoconsumo e o despregamento de enerxías renovables, establece no se artigo 4 a obrigación de instalar, antes do 1 de xaneiro de 2023, puntos de recarga de vehículos eléctricos en tódolos edificios de uso distinto ao residencial privado que conten con unha zoa de aparcamento con máis de 20 prazas.

Dada a situación que estamos a vivir de alza dos prezos do combustible e unha inflación desbocada e que o coche eléctrico ou hibrido enchufable é unha opción cada vez mais considerada polo traballadores que cada día acoden ao CIAE na Estrada dende tódolos puntos de Galicia, solicitamos da dirección da Fundación Pública Urxencias de Galicia 061 que se fagan as xestións oportunas para a instalación de puntos de recargar para coche eléctricos de xeito inmediato sen esperar a prazo legal establecido.

Volver