CIG Saúde solicita medidas especiais sobre a COVID nos procesos de selección de prazas de formación sanitaria especializada

Escritos dirixidos ao Ministerio de Sanidade e á Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza

  • AgEnfermeira
  • AgMédica
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde remitiu tanto ao Ministerio de Sanidade como ao Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galiza, sendos escritos solicitando que se apliquen medidas especiais nas probas de selección para o acceso a prazas de formación sanitaria especializada, en relación coa pandemia COVID.

Dende CIG-Saúde, solicitamos que permitan que as persoas que estean en illamento tanto por padecer a infección por SARS-CoV-2 como por ser contactos estreitos con persoas positivas para este virus, e poidan fisicamente asistir ao exame, poidan realizar as probas selectivas 2020 para o acceso no ano 2021, a prazas de formación sanitaria especializada, sen risco para o resto de examinandos e evitar que perdan a oportunidade de presentarse ao mesmo despois de tantos meses de estudo.

 

Volver