CIG-Saúde solicita o cese inmediato das actuacións da xerencia de Vigo contra o seu persoal

  • Vigo

CIG SAÚDE Vigo vén de solicitar o cese inmediato das recentes actuacións da Xerencia da área Sanitaria de Vigo contra o seu persoal. Estas medidas consisten na suspensión de días de permiso, LDs, cambios de quendas e outras similares, que nos últimos días están sendo comunicadas ao persoal da Área Sanitaria de Vigo.

As modificacións das condicións de traballo sen a debida comunicación formal ás representantes lexítimas dos e das traballadoras, así como a preceptiva negociación previa constitúen para a CIG unha violación dos dereitos laborais do persoal.

As comunicacións de modificacións a que se refire o presente escrito, estanse realizando de xeito totalmente informal, cunha simple mensaxe de whatsapp ou similar. O que provoca a inseguridade das persoas afectadas en relación coa obrigatoriedade e legalidade da medida, téñase en conta que algunhas destas medidas consisten en suprimir días de permiso previamente concedidos e cambios en quendas fixas.

Estas medidas/actuacións estanlles a ocasionar a algunha persoas prexuízos económicos (anulación de viaxes contratados, contratacións de persoas para atender menores ou maiores dependentes,....). O persoal ten demostrado sobradamente o seu compromiso coa súa labor asistencial, mais esta Xerencia unha vez máis abusa deste compromiso omitindo as formas de cara as traballadoras e o seu dereito a unha vida privada e non só laboral.

Por todo isto a CIG SAÚDE esixe unha rectificación da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e esixe respecto hacia o seu persoal.

Volver