CIG Saúde solicita o cumprimento do acordo de residentes

Que se reúnan as comisións de seguimento para esixir o cumprimento da xornada, tempo de traballo e descansos do persoal residente

  • AgMédica
  • Sanidade Pública

Diante dos incumprimentos reiterados do artigo 5 do Acordo polo que se melloran as condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación do SERGAS,

CIG-Saúde solicita que se reúnan as Comisións de Seguimento para esixir o cumprimento da xornada, tempo de traballo e descansos do persoal residente.

O Acordo, entre outras cousas, recolle que:

A xornada anual será de 1624 horas e, con carácter xeral, non realizarán máis de cinco gardas ao mes, este número de gardas poderá ampliarse ata sete por necesidades formativas.

• O persoal residente terá dereito a un período mínimo de descanso ininterrompido de 12 horas entre xornadas. Cando as necesidades formativo-asistenciais derivadas da atención permanente nos centros impidan o desfrute do referido período de descanso, aplicarase o réxime de compensación por descansos alternativos establecido no estatuto marco.

O horario da actividade do residente, tanto en xornada ordinaria como complementaria, adaptarase ás características organizativas da unidade en que presten servizos de acordo co programa formativo.

A formación de Residentes debería ser unha prioridade para a Sanidade Pública.

Non hai formación de calidade con condicións de traballo precarias.

Volver