CIG-Saúde solicita que o Complemento de Produtividade Variable (CPV) se incorpore na Orde de Confección de Nóminas
- Sanidade Pública
O CPV créase no ano 1996 mediante unha instrución do Director Xeral de RR HH do SERGAS, tras un acordo, ao marxe da mesa sectorial, cunha organización sindical. Acordo que só se recolle nunha acta de negociación nunca publicada.
O procedemento legal de consolidación desta retribución debería ter sido:
- Ratificación do acordo de CPV na mesa sectorial. Que é a que ten a capacidade de negociar e acordar
as retribucións complementarias. - Aprobación polo Consello da Xunta, ou Consello de Goberno desta retribución.
- Incorporación deste concepto retributivo na Orde de Confección de Nóminas das/os Empregados/as
Públicos/as da Xunta de Galiza.
CIG-SAÚDE solicita do SERGAS que o CPV sexa unha retribución complementaria protexida polas normas vixentes en materia de retribucións, e que cumpra os seguintes requisitos:
- Que na Mesa Sectorial do SERGAS se poida negociar a súa aplicación.
- Que se incremente coa correspondente suba salarial.
- Que se perciba en situación de I.T. igual que se perciben o resto de retribucións.
- Que se aplique independentemente do tipo de contrato.
- Que os indicadores dos Acordos de Xestión aplicados sexan negociados cos profesionais.
- Que os indicadores sexan presentados aos órganos de representación nas Comisións de Centro ou Xuntas de Persoal.
- Que os indicadores dependan da actividade do profesional e non dependan de terceiros.
- Que os indicadores midan a calidade dos procesos e os resultados de xeito obxectivo.
O SERGAS non pode ter retribucións, que son salario, fóra da norma xeral de retribucións do seu persoal.
CIG-SAÚDE esixe que se aborde o CPV na Mesa Sectorial do SERGAS para proceder á súa normalización.