CIG-Saúde solicita que os días de realización do exame de oposición nas distintas categorías se consideren días de especial significación

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde solicita que os días de realización do exame de oposición nas distintas categorías se consideren días de especial significación, a efectos económicos.

Debido á alta temporalidade no SERGAS, a cobertura das ausencias producidas por mor da participación do persoal temporal nos exames de oposición produce graves transtornos asistenciais nos centros que fai necesario aplicar medidas que se apliquen por igual entre as distintas categorías e xerencias.

CIG-Saúde solicita que na mesa sectorial se negocie dita medida, e que as persoas que durante esas datas cubran esas quendas perciban un complemento de festivo adicional pola realización da quenda coincidente co exame, a anterior e/ou posterior.

 

Volver