CIG-SAÚDE SOLICITA UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA PARA OS MOSTRADORES DOS CENTROS DE SAÚDE E PACS

  • A Coruña

As mamparas colocadas nos meses pasados de xeito provisional nos mostradores, non son unha solución definitiva. É necesario que se coloquen mamparas que cubran todo o mostrador e tamén micrófonos e altofalantes.

Por iso desde CIG-Saúde enviamos un escrito á Xerencia da Área Sanitaria, ao Comité de Seguridade e Saúde, ao Servizo de Prevención de Riscos da Área e ao Comité de Seguridade e Saúde central solicitando a súa colocación. Tamén enviamos un comunicado de risco ao Servizo de Prevención de Riscos solicitando unha nova avaliación de riscos nestes postos de traballo.

20200711 Escrito remitido a Xerencia

20200711 Comunicado de risco

 

CIG-Saúde A Coruña

Volver