CIG-Saúde vén de presentar un escrito á Dirección de Recursos Humanos esixindo transparencia na contratación

Esiximos a convocatoria urxente da Comisión central de contratacións

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

María Xosé Abuín Álvarez, en calidade de Secretaria Nacional de CIG-Saúde, ante esa Xerencia, comparece e DI:

Que nestes días, este sindicato ven a recoller as DENUNCIAS dun número importante de profesionais na que acusan ao SERGAS de mantemento de contratacións de “acumulo COVID “ en “fraude de lei” e dun claro incumprimento do "Pacto sobre selección do persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia” (DOG do 13 de xuño de 2016).

Si ben é certo que o Sergas precisou a contratación de persoal para reforzar as plantas e crear novas unidades de UCI e outros servizos por causa da pandemia do Covid-19, tamén é certo que estes contratos se prorrogaron no tempo ou se renovaron, pese a diminuírse ou incluso desaparecer a causa que os motiva.

Esta extensión dos contratos está provocando graves prexuízos nas persoas con boa puntuación nas listas de contratación as cales ben se quedaron sen traballo ao non formar parte deses contratos por Covid-19 ou, como a aquelas que foron contratadas para traballar co virus, pero que agora "sofren mobilizacións de horarios e de quenda" porque hai exceso de traballadores.

Así, e debido á diminución de traballo nas áreas de Covid-19- incluso por peche de estas áreas o persoal contratado para reforzo ou acumulo COVID parece ser, e aí está o fraude DENUNCIADO: " son derivadas a cubrir ocos (baixas ou permisos) que deberían ser adxudicados seguindo rigorosamente a orde da lista de contratación”.

Que para refutar estas denuncias este sindicato ten a ben SOLICITAR, con amparo na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno a cal ten por obxecto regular a transparencia e publicidade na actividade pública, o dereito da cidadanía para acceder á información pública e establece o réxime xurídico das obrigacións de bo goberno que deben cumprir o sector público autonómico así como as persoas que ocupen altos cargos.

1º.- Copia dos contratos de ACUMULO COVID formalizados dende o mes de marzo nas distintas áreas sanitarias, nas categorías de ámbito de aplicación do pacto de selección temporal. Coas súas renovacións ou prorrogas.

2º.- RELACION NOMINAL das/os profesionais contratados.

3º.- Postos que están a ocupar.

 

Agardamos recibir a información á maior brevidade posible. Así mesmo solicitamos a convocatoria urxente dunha reunión da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal, para analizar os reiterados incumprimentos do pacto de selección.

 

O que pido en Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2020

ASDO: Mª Xosé Abuín Álvarez

Secretaria Nacional CIG-SAÚDE

Volver