CIG-Saúde convoca concentración mañá 19 de decembro as 11 no hall do Marcide: non a dedocracia neste hospital
A nova xerencia está a botarnos un pulso
- Ferrol
Nós sempre defendemos que o persoal optase a ocupar os diferentes postos en función dun baremo de méritos. Algo medible, a día de hoxe temos o concurso de traslados, que mide principalmente, a antigüidade, e o concurso-oposición, que mide unha nota de exame, un esforzo en facer cursos e a antigüidade. Imos a obviar que polo camiño, o SERGAS inventou unha OPE do “agasallo”, a que finamente chamou Concurso de méritos, que ollo podería chegar a ser algo bo, con outro baremo, e se ese fora o criterio para todas, e non so para unhas poucas.
Pero pensando no concurso de traslados ou no concurso-oposición, por onde todas tarde ou cedo imos a pasar, as prazas onde nos ubiquen deben ser en función aos nosos méritos. Algo que despois de loitar durante anos por fin acadamos o ano pasado, como asi se reflexa nas instrucións de incorporacións e ceses.
Pero a nova Xerencia este ano non quere cumprir o acordado, e mellor colocar a xente “a dedo”, mirando outros intereses, botándonos un pulso, hoxe rompen estes acordos, e mañá romperan outros……
Os argumentos non poden ser “e que iso non o fan en todas as áreas”, non todas as áreas son Ferrol, teremos cousas mellores, as temos porque as loitamos e loitaremos por non perdelas.
PORQUE EN FERROL SABEMOS QUE A LOITA É O UNICO CAMIÑO, E LOITAREMOS ATA ONDE FAGA FALLA.
NON A DEDOCRACIA!! A LOITA CONTINÚA!!