CIG-Saúde reclama que conte toda a residencia para a carreira profesional
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
Traballaches durante a residencia? Todo ese tempo debe contar para a túa carreira profesional.
Actualmente, o SERGAS só recoñece os últimos anos de residencia. Por iso, CIG-Saúde presentamos unha proposta para cambiar esta situación, apoiándonos na Sentenza do Tribunal Supremo 851/2025.
Que reclamamos?
- Que conte toda a residencia, desde o primeiro día ata o último, dure os anos que dure.
- Que todo ese tempo conte para avanzar nos graos da carreira profesional.
- Que se aplique tanto ao persoal fixo como ao temporal.
- Que se revise a carreira profesional de quen xa rematou a residencia, para sumarlle o tempo que non se lle recoñeceu.
- Que o SERGAS faga este recoñecemento de oficio, sen necesidade de solicitalo.
CIG-SAÚDE ESIXE QUE NINGUÉN PERDA TEMPO DE CARREIRA PROFESIONAL POLO FEITO DE TER TRABALLADO COMO RESIDENTE.