Clasificación profesional
A negociación dun Novo Estatuto Marco, a oportunidade de acadar unha verdadeira clasificación profesional
- Sanidade Pública
No mes de setembro de 2022 iniciarase a negociación dun Novo Estatuto Marco no “Ámbito de Negociación” equivalente a nosa Mesa Sectorial pero a nivel do conxunto do estado, no que CIG-Saúde ten representación.
Esta negociación é a oportunidade para incorporar unha clasificación profesional adaptada ás e aos profesionais da sanidade pública.
A mera transposición do texto do artigo 76 do Estatuto Básico dx Empregadx Públicx (EBEP) ao texto do Novo Estatuto Marco non permite adecuar os grupos profesionais actuais á realidade das profesións sanitarias.
No ano 2007 publícase o Estatuto Básico dxs Empregadxs Públicos, o devandito estatuto recolle no artigo 76 a clasificación do persoal.
No ano 2015 publícase a Lei de Emprego de Galiza, que ven a substituír a Lei da Función Pública Galega. A devandita Lei reproduce, por ser norma básica, a clasificación recollida no Estatuto Marco.
Desde CIG-SAÚDE denunciamos este artigo por non incorporar unha clasificación que recolla ás profesionais da sanidade. E demandamos unha negociación dun Novo Estatuto Marco para ter unha clasificación propia, que recoñeza os requisitos de titulación, a formación sanitaria específica e a prestación do traballo que se realiza.
A clasificación do EBEP non recolle a formación sanitaria especializada, e deixa ao persoal da sanidade nunha clasificación inferior á que lle corresponde por requisitos de titulación.