Comisión de seguimento das especialidades de enfermería
Resolución do concurso específico e da OPE de especialistas en enfermería pediátrica
- AgEnfermeira
- Especialidades de enfermería
- Sanidade Pública
Resolución do proceso de OPE:
O SERGAS infórmanos de que as prazas a ofertar para a elección de destino das persoas que accedan a praza fixa a través da OPE serán todas prazas hospitalarias.
Resolución do concurso específico de especialistas en enfermería pediátrica 2020:
A resolución da 1ª convocatoria do concurso específico de enfermeiras/os especialistas en pediatría publicarase no DOG, aproximadamente, no prazo de un mes, e expediranse os correspondentes nomeamentos na que se adxudican 148 prazas de enfermeiras/os especialistas.
As persoas adxudicatarias de praza de especialista a través deste concurso e que estean desempeñando as súas funcións en áreas de pediatría, consolidarán nas mesmas unidades nas que están.
- En atención primaria, enténdese como unidade de pediatría aquela na que a/o enfermeira/o atenda só crianzas de 0 a 14 anos.
As persoas adxudicatarias de praza de especialista a través deste concurso e que NON estean desempeñando as súas funcións nas áreas de pediatría, ofertaráselles unha praza de especialista nunha unidade hospitalaria da súa área sanitaria.
- En atención hospitalaria, suporá o cambio a unha unidade pediátrica dentro do mesmo hospital.
- En atención primaria, aquelas persoas que atendan persoas adultas ou atendan un cupo mixto (adultos e pediatría), poderán optar polo cambio a unha unidade pediátrica de hospital, non de primaria. No caso de non aceptar esta opción, poderán solicitar a excedencia por prestar servizos no sector público na praza de especialista, e continuar prestando servizos na praza de enfermeira. Estas persoas poderán participar, desde a situación de excedencia no concurso de traslados que no seu momento se convoque de enfermeira especialista.
- CIG-Saúde solicitamos que nestes casos as persoas que opten por acceder ás prazas de especialista poidan escoller destino entre as vacantes existentes nas unidades pediátricas pola súa orde de prelación no concurso específico.
As incorporacións do concurso específico non suporán o cese de persoal interino da categoría de enfermeira/o, pero poderá implicar a mobilización deste fóra da unidade de pediatría.
Concurso específico de especialistas en enfermería pediátrica 2021:
CIG-Saúde solicitou que se resolvesen os dos procesos de concurso específico (2020 e 2021) conxuntamente.
O SERGAS non aceptou a nosa proposta pero comprometeuse a convocar de inmediato o 2º proceso, no que se convocaran o 20% das prazas restantes (33 prazas).
Concurso de traslados aberto e permanente:
O SERGAS convocará o concurso de traslados para esta nova categoría, cando poida participar todo o persoal fixo, tanto o do concurso específico coma o da OPE, en igualdade de condicións, no que se incluirán todas as prazas dotadas orzamentariamente como prazas de especialistas en pediatría.
Concurso de traslados internos:
CIG-Saúde solicitou abordar de inmediato un tratamento homoxéneo nos concursos de mobilidade interna para a convocatoria das prazas nas unidades de pediatría. Quedaron en estudar o tema.
Reconversión de todas as prazas en prazas de especialista:
CIG-Saúde solicitou que unha vez rematados os concursos específicos, o SERGAS ten que proceder a reconverter todas as prazas en prazas de especialistas.
O SERGAS considera que dita reconversión ten que ser progresiva.
Concurso específico para a especialidade de enfermería xeriátrica:
CIG-Saúde solicitamos a convocatoria dun concurso específico para a especialidade de enfermería xeriátrica.
O SERGAS considera que teñen que valoralo e que neste momento só van convocar o 2º proceso de concurso específico de enfermería pediátrica.