Comisión seguimento carreira profesional

15 de setembro de 2023

  • Carreira profesional
  • Sanidade Pública

COMISIÓN DE CARREIRA DO 15 DE SETEMBRO DE 2023

Encadre 2023

O persoal que estivo en comisións de servizos con praza en propiedade noutro servizo de saúde durante o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o 1 de decembro de 2020, considerarase esta situación como se estivese prestando servizos efectivamente no SERGAS, sempre que agora teña destino definitivo no SERGAS.

 

CIG-Saúde SOLICITOU na Comisión pero o SERGAS NON aceptou:

  • Que para o acceso pola vía do encadre ao grao 2 neste 2023 se acepte como cumprido o requisito para a permanencia no período que vai desde 1 de xaneiro de 2019 ata o 1 de decembro de 2020, a aqueles profesionais que estiveran realizando a residencia con independencia se tiñan reserva de praza ou non.
  • Que, para o acceso pola vía do encadre ao grao 2 de 2023, se permita as/os profesionais que cumpran todos os requisitos, excepto o de obter o grao 1 na convocatoria 2022, acceder ao grao 2.
  • Que se habilite un novo prazo para retrotraer o grao inicial en tódalas categorías onde as/os profesionais tiveran un vínculo.
  • Que se computen os servizos prestados en centros públicos da comunidade europea a efectos de permanencia.
  • Que os servizos prestados en redución de xornada se computen a xornada completa a efectos de permanencia.

Volver