Información da Comisión de Carreira Profesional
- Carreira profesional
Convocatoria 2024
Previsión de publicación da convocatoria: 1ª quincena de agosto de 2024.
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro do 2024.
Poderán participar as persoas que estiveran algún día en activo entre o 1 de agosto e o 30 de setembro de 2024, e que cumpran os anos de permanencia no grao anterior.
O SERGAS aclara que todos os contratos administrativos computan como contratos ordinarios aos efectos de permanencia na carreira profesional.
As enquisas deste ano 2024 estarán visibles no mes de outubro.
Irán dirixidas para avaliar ás persoas que participan na carreira nesta convocatoria.
Baremo área IV. Compromiso coa organización
Valorarase con 1 punto, a realización de todas as enquisas que lle sexan requiridas este ano 2024.
Valorarase con 1 punto nesta área, a realización do curso de 4 horas de “Comunicación coas persoas xordas na consulta” que está dirixido a TODAS as categorías.
O curso está dispoñible en ACIS en “autoformación”.