Concentración Abente e Lago. Urxe persoal.
Hoxe nova concentración ás 12h no hospital Abente e Lago da Comisión de Centro do CHUAC.
É necesario incrementar de xeito urxente celadoras/es e TCAEs nos cadros de persoal deste hospital.
A situación é crítica, as/os pacientes que ingresan nas unidades deste hospital teñen un alto nivel de dependencia polo que requiren moitos coidados e tempo, coa dotación de persoal actual é inviable dar unha atención de calidade e segura, tanto para as/os pacientes como para as/os traballadoras/es.
A Xerencia continúa sen dar nin sequera explicacións de a que debe esta negativa, seguen sen analizar as cargas de traballo destas unidades e segue sen dotar do persoal necesario.
Por iso a Comisión continuará o calendario previsto ate que a Xerencia avalíe as cargas de traballo deste hospital e dote co persoal necesario.
Urxen celadoras/es!! Urxen TCAEs!! Urxe unha sanidade pública e de calidade para a cidadanía!!