Concentración en defensa do mantemento da praza de celadora no centro de saude da Doblada
- Primaria
- Vigo
As 11:30 da mañá do xoves 27 de maio, CIG-Saúde convocou unha concentración diante do centro de saude da Doblada para esixir que non se elimine unha praza de celadora en quenda de tarde pola xubilación da celadora que ocupaba esa praza, a intención da xerencia da Área Sanitaria de Vigo é de reconverter esa praza en Persoal de Servizos Xerais (PSX).
Dende CIG-Saude xa lle enviamos un escrito á xerencia protestando por tal medida e solicitando que se manteña a praza de celador/a xa que en dito centro, como noutros de similares dimensións, son perfectamente compatibles as dúas categorías.
Por iso dende CIG-Saude imos continuar coas mobilizacións para frear a intención da xerencia de eliminar os postos de celardo/a en atención primaria.