Concentración mércores 26 de xuño no Hospital Clínico de Santiago de Compostela por un convenio XA das Fundacións de investigación sanitaria e medicina xenómica

  • Institutos investigación
  • Sanidade Pública

Convocatoria concentración fundacións públicas de investigación sanitaria e de medicina xenómica.

O mércores 26 de xuño ás 11:00 horas convocase unha concentración diante da porta principal do Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Estes son os nosos motivos:

➔ Que se constitúa xa a mesa única para negociar o convenio das catro fundacións.

O convenio que afectaba ás fundacións públicas de investigación vai para 2 anos que venceu, mentres que a Fundación de Medicina Xenómica leva anos sen convenio e adherindose a un alleo. As representantes das traballadoras levan moito tempo pedindo formalmente que se constitúa esta mesa única. A resposta da administración para sobre a data para convocala é a calada por resposta. Sen convenio non hai avances nos dereitos laborais.

➔ Que se informe ás representantes das persoas traballadoras sobre o proceso de integración no sistema público.

En xaneiro deste ano levouse a cabo formalmente a transformación en públicas das fundacións adicadas á investigación sanitaria. Este proceso fixoxe de costas ao persoal e sen cumprir co dereito a información que ten toda persoa traballadora nos proceso de subrogación. A día de hoxe nin sabemos que persoal é o afectado nin con que vínculo pasa a ser persoal laboral público. Así se fan as cousas dende a Xunta de Galicia

➔ Que se acorde un proceso de estabilización e consolidación de emprego nas fundacións de investigación sanitaria.

O sector da investigación na Galiza leva arrastrando inestabilidade laboral dende fai moitos anos sen que se teña feito nada para pórlle solución O persoal adicado aos procesos de investigación está condenado á incerteza e a inestabilidade, existindo casos con máis de 15 anos de contratos encadeados. O novo invento dos contratos “indefinidos por actividades científico técnicas” non pode ser o parche que o solucione. As distintas sentencias europeas veñen de esixirlle repetidamente á administración que poña solución a esta situación. Esiximos que se articulen nestas fundación públicas procesos negociados de estabilización e consolidación de emprego que dean un futuro digno ao persoal e a investigación sanitaria galega.

➔ Que función pública desbloquee os procesos de contratación nas fundacións.

A improvisación coa que dende a Xunta se levou a cabo a integración das fundacións de investigación sanitaria está tendo como consecuencia un atraso na autorización dos contratos laborais das persoas necesarias para desenrolar certas actividade relacionadas coa investigación, producíndose así certa paralización en tódolos planos que teñen que ver cos procesos investigadores. Esta falta de dilixencia por parte de Función Pública xa fai tempo que a ven sufrindo a Fundación encargada da medicina xenómica de toda Galicia, se ven a contratación neste caso non está paralizada. Esiximos que se lle dea a urxencia que teñen tanto a actividade investigadora como a parte asistencial da medicina xenómica na actividade sanitaria dotándoas dunha estrutura axeitada dentro da Consellería de Sanidade.

Volver