Concentración no PAC de Lalín o 24 de febreiro ás 17 horas
- Santiago
Ante as noticias acaídas no día de onte, por parte do Director Xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, da implementación dun " reforzo" de persoal de enfermería no Pac de Ordes e extensible ao Pac de Lalin, consideramos facer públicas diversas cuestións:
- Levan 3 anos de incumprimento de acordo de desconvocatoria de Folga do ano 2019, sobre a equiparación do ratio nos pacs: persoal médicx = persoal de enfermería
- Os datos que se proporcionan do ano pasado, non poden ser valorados, xa que lembremos que o ano pasado, estivo confinada a poboación a meirande parte do ano, co ocio nocturno pechado e demáis casuísticas referentes á pandemia da Covid-19.
- Que existen notificacións dxs traballadorxs , sobre a asistencia a domicilios e no propio Pac, a Urxencias acaídas, cando o equipo completo, está a facer un traslado ou atendendo unha urxencia fóra do pac, encontrándose o persoal en situación de indefensión ante a urxencia ao faltar un membro do equipo: a/o enfermeira/o.
- Que a proposta que se pon enriba da mesa, non é máis ca un parche sin xeito, e sin dar resposta ás necesidades reais dos 2 pacs ( Ordes e Lalin ) como así o demostran os datos do 2019, ano prepandémico.
- Calqueira solución a este tema, non pasa máis que por cumprir o acordo asinado polo SERGAS de desconvocatoria de folga do 2019 e cubrir as necesidades reais dos Pacs de Ordes e Lalin en quenda de Tarde e de Noite co persoal de enfermería que falta.
- E por iso, que volvemos convocar CONCENTRACIÓN O XOVES 24 DE FEBREIRO ÁS 17 Hs NO C.S DE LALIN e facémosvos partícipes da convocatoria e difusión da mesma.