Concentración SOS sanidade pública, da defensa da Atención Primaria

Venres 12 de abril de 12:00 a 13:00 diante do Parlamento

Os principais organismos internacionais como a OMS e UNICEF, estableceron fai anos que a Atención Primaria de Saúde debe incluír a toda a sociedade para garantir a atención sanitaria, o benestar social, de maneira equitativa e centrada nas necesidades de saúde das persoas. Os Centros de Saúde deberan responder o mais pronto posible as demandas incluíndo a promoción, a prevención, o tratamento, a rehabilitación e os coidados paliativos.

A Xunta de Galicia esta a deteriorar e desmantelar a Atención Primaria, recortando orzamento e persoal, pechando centros, masificando as consultas e poñendo barreiras ao acceso aos Centros de Saúde, que carecen do persoal necesario para garantir unha atención integral e de calidade, o que obriga a poboación a soportar listas de agarda de semanas antes a ser atendida en consultas masificadas que impiden a axeitada relación entre o persoal sanitario e as persoas enfermas.

O persoal dos Centros de Saúde esta sometido a unha inaceptable precariedade laboral, que o desmoraliza e que repercute na calidade da atención.

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública presentamos no Parlamento de Galicia 50.000 sinaturas para salvar a Atención Primaria o pasado ano, recollidas nunha Iniciativa Lexislativa Popular, rexeitada con desprezo polo Grupo Parlamentario do Partido Popular.

Diante da constitución dun novo goberno galego, e para continuar na defensa destas medidas, convocamos unha CONCENTRACION diante do Parlamento de Galicia, o 12 de Abril do 2024, dia internacional da Atención Primaria, esixindo a Xunta o cumprimento das 13 medidas que eviten o deterioro definitivo da mesma e o desmantelamento de todo o Sistema Sanitario Publico Galego.

Volver