Concurso de méritos: aspirante definitivamente seleccionada e inicio do prazo de toma de posesión

Categoría de enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/oa)

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea como persoal estatutario fixo e se lle adxudica destino definitivo á persoa aspirante seleccionada no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/oa), convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso extraordinario de estabilización polo sistema de concurso de méritos, e segundo o que establece a base 10.4 da resolución de convocatoria, realizouse a oferta da praza que resultou vacante na categoría de enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/oa) á nova persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Nomease como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a), a persoa aspirante que se inclúe no anexo desta resolución, logo de acreditar o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizar a elección de destino, segundo o previsto nas bases 9 e 10 da convocatoria do proceso selectivo.

Adxudicarlle á dita aspirante, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no anexo indicado.

A aspirante nomeada disporá do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

 

Volver