Concurso de méritos: aspirantes definitivamente seleccionados/ás e inicio do prazo de elección de destino

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal de xestión e servizos, convocado polas resolucións do 26, do 27 e do 28 de decembro de 2022, e se inicia o prazo para a elección telemática de destino.

Baremación definitiva e á publicación das persoas aspirantes seleccionadas, para o ingreso nas categorías de persoal estatutario:

• Grupo administrativo da función administrativa.

• Grupo auxiliar da función administrativa.

• Grupo de xestión da función administrativa.

• Grupo técnico da función administrativa.

• Persoal técnico en grao medio en prevención de riscos laborais.

• Persoal técnico superior.

• Persoal técnico superior en prevención de riscos laborais.

• Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

• Técnico/a de grao medio.

• Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

• Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

• Traballador/a social.

Abrir un prazo de dez días hábiles (do 8 ao 23 de abril) para que todos/as os/as aspirantes que seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.

As persoas aspirantes que, no prazo indicado e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún daqueles polos que optasen, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Tras a finalización do prazo de selección de destinos, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) unha lista informativa de adxudicación de destinos.

As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría (grupo auxiliar da función administrativa e técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información) no respectivo proceso de estabilización convocado polo sistema de concurso-oposición, no caso de que resulten adxudicatarios/as de destino en ambos os dous procesos, tras a publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde prevista no punto anterior, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optar por unha desas dúas prazas. A dita opción deberán formalizala por escrito nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

En caso de non manifestar nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.

 

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver