Concurso de méritos: baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as de diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de diversas categorías de persoal licenciado sanitario
Publicado hoxe en DOG
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:
a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.
c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e a indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no punto relativo a emprego público www.sergas.es/emprego público.
d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma especialidade a que opta.
A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.