Concurso de méritos de diversas categorías de persoal de xestión e servizos: baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as

Publicado en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos, convocados polas resolucións do 26, 27 e 28 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) os acordos dos tribunais relativos ás puntuacións definitivas dos procesos selectivos convocados polas resolucións do 26, 27 e 28 de decembro de 2022, mediante o sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de:

• Albanel.

• Calefactor/a.

• Carpinteiro/a.

• Celador/a.

• Cociñeiro/a.

• Condutor/a.

• Electricista.

• Fontaneiro/a.

• Grupo administrativo da función administrativa.

• Grupo auxiliar da función administrativa.

• Grupo de xestión da función administrativa.

• Grupo técnico da función administrativa.

• Lavandeiro/a.

• Limpador/a.

• Mecánico/a.

• Pasador/a de ferro.

• Peón.

• Peiteador/a.

• Persoal técnico de grao medio en prevención de riscos laborais.

• Persoal técnico superior.

• Persoal técnico superior en prevención de riscos laborais.

• Pinche.

• Pintor/a.

• Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información.

• Técnico/a grao medio.

• Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

• Técnico/a xestión de sistemas e tecnoloxías da información.

• Traballador/a social.

Os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e a indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma especialidade a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Volver