Concurso de méritos de enfermeiras/os: adxudicación de destino definitivo
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Declarar finalizado o concurso de méritos da convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023).
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.