Concurso de méritos de enfermeiro/a: relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos e se inicia o prazo para a elección de destino para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Abrese un prazo de dez días hábiles, (do 29 de setembro ao 13 de outubro de 2023) , para que os/as aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación,ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa.

 

Volver