Concurso de méritos de enfermería especialista de saúde mental de postos de difícil cobertura
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
Pubícase a relación das persoas aspirantes seleccionadas neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, de conformidade co número de prazas convocadas e os/as aspirantes presentados/as.
No proceso disporán do prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para a presentación da seguinte documentación:
a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que lle imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría de enfermeiro/a especialista en saúde mental.
d) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola cal se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.