Concurso de méritos de estabilización: adxudicación de destino definitivo de categorías de persoal de investigación

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de persoal de investigación convocado pola Resolución do 27 de decembro de 2022.

Categorías de persoal de investigación:

– Investigador sanitario-subgrupo C1.

– Investigador sanitario-subgrupo A1.

– Investigador non sanitario-subgrupo A1

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (31/07/2025), para incorporarse á praza adxudicada.

 

Volver